Hai unhas semanas chegou o kit Photon AI Discovery que é o primeiro do mundo que introduce de xeito completo ó alumnado no fascinante mundo da intelixencia artificial. Consta dunha serie de actividades, a elixir entre dous camiños:
- De 7 a 9 anos: sesións de 90 minutos
- De 10 a 12 anos: sesións de 45 minutos
VinciBot fomenta o desenvolvemento de habilidades dixitais e a creatividade, xa que permite crear proxectos real-life, por exemplo, bailar ou debuxar de forma autónoma e cooperativa con dereito a aprender cometendo erros. Permite codificación por bloques ou en texto a través do software de MatataLab.
Por outra banda, Matatalab Coding Set é un robot educativo deseñado para iniciar aos máis pequenos na lóxica da programación sen necesidade de computador a través de xogos físicos interactivos con módulos.
Os nenos aprenden de maneira autodidacta as habilidades de codificación fundamentais e desenvolven a capacidade cognitiva necesaria para comprender as regras e concatenacións abstractas e complexas. Como a programación do robot funciona a través de pequenos bloques, que son fotografados por unha «torre de codificación» na placa de entrada, non se necesita pantalla, teléfono móbil, tableta, computador ou similar. O sistema é ideal para o seu uso en educación infantil e educación primaria. O kit de Matatalab foi deseñado para nenos entre 4 e 9 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario