viernes, 16 de mayo de 2025

Futuros 'makers' e técnicos de reparación

O material que xa tiñamos no centro para realizar as prácticas de soldadura branda amplíase cun estoxo de Polos Creativos que inclúe un cautín e material auxiliar (puntas de recambio, soportes, pinzas, bobina de estaño, ...) O alumnado de CFGB puido vivir a experiencia de soldar compoñentes nunha placa PCB perforada para adquirir práctica nesta técnica que os pode convertir en expertos 'makers', aínda que o obxectivo da materia de "Montaxe" non era ese, senón aprender a quitar e engadir compoñentes electrónicos para a súa substitución cando se derraman e para crear circuitos previamente probados nunha placa de prototipado. Deste xeito, os estudantes poden comprender todo o proceso desde o deseño á implementación de sistemas electrónicos, xunto coas medidas de seguridade e equipos de protección individual a empregar.








Non somos leigos co Lego

Na CFGB os nosos construtores máis hábiles probaron algunha das montaxes do kit LEGO® BricQ Motion Essential e a xulgar polo moito que interactuaron coas figuras resultantes parece que foi todo un éxito. A nivel pedagóxico, entre os beneficios destas actividades salientamos os seguintes:

  • Comprensión práctica de principios físicos: Os estudantes experimentan directamente conceptos como forza, movemento, equilibrio, inercia e enerxía, facendo tanxibles estas ideas abstractas do módulo de Ciencias.
  • Desenvolvemento do pensamento científico: Ao construír e probar os modelos mecánicos, os estudantes formulan hipóteses, observan resultados, analizan datos e extraen conclusións seguindo o método científico.
  • Mellora das habilidades de montaxe: Os estudantes aprenden a interpretar instrucións técnicas, seguir secuencias de montaxe e comprender como os diferentes compoñentes interactúan nun sistema. Isto é útil para aplicar posteriormente á montaxe de computadores, que é a materia na que se desenvolveu a actividade.
  • Estimulación da creatividade e da innovación: Unha vez comprendidos os principios básicos, os alumnos poden modificar os deseños orixinais ou crear os seus propios, experimentando e innovando.
  • Mellora da motricidade e da coordinación: O proceso de montaxe require precisión, paciencia e habilidades manuais finas que se van perfeccionando coa práctica.
  • Fomento do traballo colaborativo: Os deseños realízanse en equipo, promovendo a comunicación efectiva e a resolución cooperativa de problemas.
  • Desenvolvemento da resiliencia e a perseveranza: Cando as construcións non funcionan como se esperaba, os estudantes aprenden a analizar erros, buscar alternativas e non desanimarse ante os desafíos.
  • Conexión entre o xogo e a aprendizaxe: O carácter lúdico das actividades con LEGO® xera alta motivación e implicación, facilitando a asimilación dos conceptos científicos dun xeito natural e pracenteiro.

Mecánica con corazón

Estreamos o kit  KORBO EDU +CONCEPT na aula de educación especial empregando as engranaxes para descubrir o poder do movemento empregando mecanismos. Os beneficios desta actividade son múltiples:

  • Desenvolvemento do pensamento lóxico-matemático: As actividades con engranaxes permiten aos nenos comprender conceptos como causa-efecto, rotación, transmisión de movemento e relacións espaciais de maneira práctica e tanxible.
  • Mellora da motricidade fina: A manipulación das pezas e engranaxes require precisión manual e coordinación óculo-manual, reforzando estas capacidades fundamentais nos primeiros anos de desenvolvemento.
  • Potenciación da resolución de problemas: Ao armar mecanismos e estruturas, os nenos deben planificar, anticipar resultados, probar solucións e rectificar erros, desenvolvendo estratexias de pensamento crítico.
  • Aprendizaxe cooperativa: As actividades poden realizarse en grupo, promovendo a comunicación, a negociación e o traballo en equipo para alcanzar obxectivos comúns.
  • Comprensión intuitiva de principios mecánicos: Conceptos como relacións de transmisión, velocidade, dirección de xiro ou multiplicación de forza apréndense mediante a experiencia directa, facilitando a súa asimilación.
  • Desenvolvemento da persistencia e a concentración: O traballo con estes materiais require atención sostida e esforzo para completar os proxectos, reforzando hábitos de traballo positivos.

Un agasallo moi especial para o Día da Familia

A profesora de E.I. Lucía pediunos axuda ó equipo de Polos Creativos para gravar coa cortadora láser uns chaveiros moi especiais, con autorretratos dos nenos e nenas. Aínda que a nosa experencia coa máquina é moi pequena conseguimos un resultado máis ou menos aceptable, non si?


Que trema Carlos Alsina!

Fíxose esperar pero xa temos o material de audio necesario para montar a nosa estación de radio. Agora queda revisar os manuais para xestionar tanta botoneira e empezar a idear os novos proxectos. A radio é un recurso estupendo por moitas razóns:

  • É unha ferramenta educativa multidisciplinar que permite aos estudantes desenvolver habilidades de comunicación oral, expresión escrita, pensamento crítico e traballo en equipo nun contexto práctico e motivador.
  • Fomenta a creatividade e a iniciativa dos alumnos, xa que teñen que planificar, producir e presentar os seus propios programas, entrevistas ou reportaxes sobre temas que lles interesan.
  • Serve como ponte entre diferentes materias académicas, permitindo aplicar coñecementos de lingua, tecnoloxía, música, ciencias sociais ou mesmo matemáticas nun proxecto común e significativo.
  • Promove a inclusión, dando voz a todos os membros da comunidade educativa e facilitando a participación de estudantes con diferentes capacidades, intereses ou estilos de aprendizaxe.
  • Mellora a identidade e o sentimento de pertenza ao centro educativo, creando un espazo de expresión e comunicación propio que reflicte a vida e cultura do colexio ou instituto.



Ubicación temporal da sala de Polos Creativos

Á espera da reordenación dos espazos de cara ó vindeiro curso e mentres non se atopa unha ubicación definitiva e permanente para todo o material de Polos Creativos, empregarase a antiga aula de informática de EP e ESO. Por outra banda, o profesor Florencio creará unha actividade no terceiro trimestre para que o alumnado de CFGB da súa materia deseñe e constrúa un panel onde cada elemento estará representado cunha ficha que incluirá o nome, a fotografía e un código QR que levará ós manuais, guías e información técnica do recurso para que o profesorado o teña máis doado á hora de tomar prestado todo o material que chegou este ano, que non é pouco. Por outra banda, habilitaranse follas de préstamo para que en todo momento saibamos quen ten cada cousa e solicitala se é necesario.



Formación en "Innovación mediante recursos de Polos Creativos"

Todo o equipo de Polos Creativos do colexio asistiu á formación impartida por Ana Gómez Nogueiras da empresa +Que3D (https://masque3d.es/) nas tardes do 2 e do 23 de abril para amosarnos o uso da cortadora e gravadora láser así coma o deseño de pezas mediante a ferramenta libre InkScape. O obxectivo destas sesións era dotarnos dos coñecementos básicos para a construción de artefactos para a gamificación das nosas clases, concretamente, un set do xogo Rummikub que puideramos personalizar con simboloxía propia.