lunes, 7 de abril de 2025

A secundaria xa pode cacharrear!

 Chegounos o seguinte lote por duplicado de robótica e programación para secundaria:


  • Por unha banda temos os complementos periféricos (teclado, rato, pantalla) necesarios para poder interactuar cunha placa Raspberry Pi. 
  • Por outra, robots de montaxe mBot Ranger e mBot 2
A Raspberry Pi é unha computadora de baixo custo e cun tamaño compacto, do porte dunha tarxeta de crédito, que pode ser conectada a un monitor de computador ou un TV, e usarse cun mouse e teclado estándar. É un pequeno computador que corre un sistema operativo Linux capaz de permitirlle ás persoas de tódalas idades explorar a computación e aprender a programar linguaxes como Scratch e Python. É capaz de facer a maioría das tarefas típicas dun computador de escritorio, desde navegar na internet, reproducir vídeos en alta resolución, manipular documentos de ofimática, ata reproducir xogos.


Ademáis, a Raspberry Pi ten a habilidade de interactuar co mundo exterior; pode ser usada nunha ampla variedade de proxectos dixitais, desde reprodutores de música e vídeo, detectores de pais, estacións meteorolóxicas ata caixas de aves con cámaras infravermellas.

Co mBot Ranger son posibles 3 formas de construción:

  1. Land Raider - O todoterreno
  2. Dashing Raptor - O depredador
  3. Self Balance - Tremerín

Outras características de interese:
  • O seu sistema electrónico está baseado na plataforma de código aberto Arduino.
  • Pódese programar e controlar vía Bluetooth desde calquera smartphone ou tablet xa sexa Android ou iOS.
  • Conta con dúas ferramentas de programación: Arduino IDE e mBlock, unha contorna gráfica de programación coa función de “arrastrar e soltar” bloques, baseada en Scratch 2.0.
  • Cableado sinxelo e intuitivo con conector RJ25 codificado por cores.
  • Todas as pezas mecánicas son de aluminio anodizado, o que lle brinda resistencia e durabilidade.
  • Inclúe unha poderosa tarxeta controladora chamada Me Auriga, baseada no ATMEGA 2560, capaz de manexar 10 portos de control.
  • Axuntado aos sensores incluídos na Placa (Me Auriga), o empaquetado inclúe un sensor ultrasónico e un sensor seguidor de liña.
  • É ideal para aprender ou ampliar coñecementos en robótica, electrónica e programación.


mBot 2 é un robot educativo de última xeración que permite aprender a programar de forma práctica e divertida. Está deseñado para realizar actividades relacionadas coa robótica, a IA (Intelixencia Artificial), a IoT (Internet das Cousas) e a ciencia de datose está impulsado por CyberPi, un microcontrolador educativo mellorado con capacidades de conexión en rede, sensores integrados e moito máis.

Finalmente, deixamos aquí unha relación das ligazóns ós sitios oficiais destes produtos tecnolóxicos por se precisades ampliar información ou acceder ás contornas de programación: