miércoles, 20 de noviembre de 2024

Seguimos explorando as posibilidades do Nezha Invertor's kit for micro:bit

 Despois do robot Scorpion atrevémonos a desmontar e probar un novo modelo:

Coa costrución deste robot os estudantes adquiren experiencia práctica no uso de engrenaxes e no control de motores para lograr os movementos de baile do robot e desenvolven a creatividade, habilidades para resolver problemas e capacidade de traballo en equipo.

Kit Singular "A materia peza a peza"

 


As actividades deste kit singular están vencelladas á física de partículas nos Polos Creativos a traverso do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). Trátase dun centro de investigación que coordina e fomenta a investigación científica e técnica no campo da Física de Alta Enerxía, Física de Partículas e Nuclear e áreas relacionadas como Astrofísica, Física Médica, Instrumentación, etc.

Na seguinte ligazón tedes acceso ó documento PDF coas actividades para a construción de moléculas empregando os bloques:

miércoles, 6 de noviembre de 2024

Máis material manipulativo para adquirir habilidades STEM

O lote 4 trae xogos de construción e encaixe:
  • Magsmasters de 60 pezas para experimentar coa creación de distintas figuras xeométricas coa axuda de triángulos e cadrados magnéticos


  • LEGO® BricQ Motion Essential para despertar o interese do alumnado de primaria pola aprendizaxe STEM a medida que experimenta coas forzas, o movemento e as interaccións nun contexto deportivo


  • Maletín de 280 tablillas KAPLA xunto cun libro de arte para estimular a imaxinación dos construtores máis novos con fotografías de construcións orixinais


  • KORBO EDU +CONCEPT 450 bloques creativos con libros e tarxetas de tarefas. En concreto o set inclúe:
  • Un conxunto de lecións, xogos e exercicios en forma de libro con ilustracións.
  • Tarxetas de tarefas – 44 exercicios individuais e grupais.
  • 40 plataformas que serven como estacións de traballo para os nenos e nenas.
  • Máis de 400 bloques grandes para realizar exercicios e tarefas.
  • 60 frechas e símbolos de INICIO e META (codificación para principiantes).
  • Para crear mecanismos e estruturas móbiles, moldeando as habilidades STEM; permite ós nenos e nenas verificar se a tarefa se cumpre correctamente ou non, mediante a proba da estrutura, vendo se xira ou non.


    • Cargador de baterías AAA e AA (ata 8 baterías)