martes, 22 de octubre de 2024

Robótica e programación para os máis peques

Chegaron os lotes 3 e 18. O primeiro é un conxunto de kits de electrónica e o segundo e un kit de robótica e programación pensado para Educación Infantil. Vexamos o que conteñen:

  • Lote 3
    • Kit de electrónica básico Complubot:
      • KIE (Kit de Iniciación á electrónica)
      • Panel solar
      • Motor
      • Caderno de actividades
    • Kits de circuitos de papel:
      • 3 kits de proxectos con cinta condutora
      • 3 témperas condutoras JOVI ElectriPaint
    • Cargador de Pilas AA NiMh
  • Lote 18:
    • Kit de robot programable a partir de Educación Infantil Findel E.a.R.L. 2


martes, 8 de octubre de 2024

Xa temos escáner 3D!

Acaba de chegar o lote 13. Trátase dun escáner Lynx Prima da marca 3DMakerPro para obxectos medianos e grandes. O rango de captura única de Lynx é de 250x400mm, un 200% máis grande ca os escáneres tradicionáis de formato medio. Con Lynx pódense escanear obxectos de ata 5000 x 5000 x 5000 mm. É dicir, poderemos escanear en 3D persoas, mobles, esculturas, ... e grandes pezas. 

Nesta páxina temos acceso ao manual e ó software do dispositivo:

Estamos desexando probalo!

lunes, 7 de octubre de 2024

Micro:bit - Robot Escorpión

No 2º curso do Ciclo de Formación de Grao Básico estreamos o kit de contructor Nezha para a placa micro:bit montando un robot escorpión. O robot empeza a moverse cando tocamos a súa cola e avanza ata atopar un obxecto, momento no que se detén e empeza a pechar e abrir as súas pinzas esquerda e dereita de forma alterna.

As instruccións e o código de bloques para a súa programación atópase nestas páxinas:

Velaquí algúns instantes do proceso:





E o resultado final, en funcionamento:



Novas tabletas para programación e control robótico xunto con outro material complementario

 Recibimos os lotes 9 e 10 asignados ó centro. 

Lote 9:

  • 2 tablets Lenovo Tab P11 de 2ª xeración
Lote 10:
  • 1 micrófono direccional con conexión USB-C para dispositivos móbiles
  • 1 gimbal Zhiyun Smooth-Q3
  • 1 soporte para portátil ou tablet