miércoles, 20 de noviembre de 2024

Seguimos explorando as posibilidades do Nezha Invertor's kit for micro:bit

 Despois do robot Scorpion atrevémonos a desmontar e probar un novo modelo:

Coa costrución deste robot os estudantes adquiren experiencia práctica no uso de engrenaxes e no control de motores para lograr os movementos de baile do robot e desenvolven a creatividade, habilidades para resolver problemas e capacidade de traballo en equipo.

Kit Singular "A materia peza a peza"

 


As actividades deste kit singular están vencelladas á física de partículas nos Polos Creativos a traverso do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). Trátase dun centro de investigación que coordina e fomenta a investigación científica e técnica no campo da Física de Alta Enerxía, Física de Partículas e Nuclear e áreas relacionadas como Astrofísica, Física Médica, Instrumentación, etc.

Na seguinte ligazón tedes acceso ó documento PDF coas actividades para a construción de moléculas empregando os bloques:

miércoles, 6 de noviembre de 2024

Máis material manipulativo para adquirir habilidades STEM

O lote 4 trae xogos de construción e encaixe:
  • Magsmasters de 60 pezas para experimentar coa creación de distintas figuras xeométricas coa axuda de triángulos e cadrados magnéticos


  • LEGO® BricQ Motion Essential para despertar o interese do alumnado de primaria pola aprendizaxe STEM a medida que experimenta coas forzas, o movemento e as interaccións nun contexto deportivo


  • Maletín de 280 tablillas KAPLA xunto cun libro de arte para estimular a imaxinación dos construtores máis novos con fotografías de construcións orixinais


  • KORBO EDU +CONCEPT 450 bloques creativos con libros e tarxetas de tarefas. En concreto o set inclúe:
  • Un conxunto de lecións, xogos e exercicios en forma de libro con ilustracións.
  • Tarxetas de tarefas – 44 exercicios individuais e grupais.
  • 40 plataformas que serven como estacións de traballo para os nenos e nenas.
  • Máis de 400 bloques grandes para realizar exercicios e tarefas.
  • 60 frechas e símbolos de INICIO e META (codificación para principiantes).
  • Para crear mecanismos e estruturas móbiles, moldeando as habilidades STEM; permite ós nenos e nenas verificar se a tarefa se cumpre correctamente ou non, mediante a proba da estrutura, vendo se xira ou non.


    • Cargador de baterías AAA e AA (ata 8 baterías) 


    martes, 22 de octubre de 2024

    Robótica e programación para os máis peques

    Chegaron os lotes 3 e 18. O primeiro é un conxunto de kits de electrónica e o segundo e un kit de robótica e programación pensado para Educación Infantil. Vexamos o que conteñen:

    • Lote 3
      • Kit de electrónica básico Complubot:
        • KIE (Kit de Iniciación á electrónica)
        • Panel solar
        • Motor
        • Caderno de actividades
      • Kits de circuitos de papel:
        • 3 kits de proxectos con cinta condutora
        • 3 témperas condutoras JOVI ElectriPaint
      • Cargador de Pilas AA NiMh
    • Lote 18:
      • Kit de robot programable a partir de Educación Infantil Findel E.a.R.L. 2


    martes, 8 de octubre de 2024

    Xa temos escáner 3D!

    Acaba de chegar o lote 13. Trátase dun escáner Lynx Prima da marca 3DMakerPro para obxectos medianos e grandes. O rango de captura única de Lynx é de 250x400mm, un 200% máis grande ca os escáneres tradicionáis de formato medio. Con Lynx pódense escanear obxectos de ata 5000 x 5000 x 5000 mm. É dicir, poderemos escanear en 3D persoas, mobles, esculturas, ... e grandes pezas. 

    Nesta páxina temos acceso ao manual e ó software do dispositivo:

    Estamos desexando probalo!

    lunes, 7 de octubre de 2024

    Micro:bit - Robot Escorpión

    No 2º curso do Ciclo de Formación de Grao Básico estreamos o kit de contructor Nezha para a placa micro:bit montando un robot escorpión. O robot empeza a moverse cando tocamos a súa cola e avanza ata atopar un obxecto, momento no que se detén e empeza a pechar e abrir as súas pinzas esquerda e dereita de forma alterna.

    As instruccións e o código de bloques para a súa programación atópase nestas páxinas:

    Velaquí algúns instantes do proceso:





    E o resultado final, en funcionamento:



    Novas tabletas para programación e control robótico xunto con outro material complementario

     Recibimos os lotes 9 e 10 asignados ó centro. 

    Lote 9:

    • 2 tablets Lenovo Tab P11 de 2ª xeración
    Lote 10:
    • 1 micrófono direccional con conexión USB-C para dispositivos móbiles
    • 1 gimbal Zhiyun Smooth-Q3
    • 1 soporte para portátil ou tablet



    miércoles, 25 de septiembre de 2024

    Novo lote de accesorios básicos de electrónica e prototipado

     Contén os seguintes elementos:

    • Táboa de corte
    • Coitela
    • Tesoira de electricista
    • Pistola aplicadora de pegamento xunto con 35 barras termofusibles
    • Estoxo de soldadura con cautín temoregulable, bolsa de puntas, soporte, esponxa de limpeza de puntas e bobinas de cobre e estaño
    • Soporte de soldadura de 3 brazos con lupa
    • Caixa de 6 desparafusadores de precisión



    Chegada de novos kits singulares

    • Kit Singular "Cosendo co teu pai" (véxanse as actividades)




    • Kit Singular "Harmonías en movemento" (véxanse actividades)




    • Kit Singular "Óptica/fotónica" (véxanse actividades)



    jueves, 5 de septiembre de 2024

    Chegada de novo material

    Noviños do trinque! Dous kits de electrónica moi interesantes para complementar os kits de Arduino que xa tiñamos. Trátase de Experiment box e Neza Invetor's Kit para a placa micro:bit